Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas

 Viveiro, 15 de Outubro de 2019. O Centro de Información ás Mulleres do Concello de Viveiro organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade.

Esta actividade, dirixida a mulleres, levarase a cabo os días 6 e 8 de novembro de 2019 en horario de 16:00 a 20:00 horas no Ximnasio do IES MARÍA SARMIENTO de Viveiro.
Será impartida por un profesor da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e membro da Federación Galega de Loita.

O prazo de inscrición está aberto hasta o 4 de novembro.

Todas as mulleres interesadas poden informarse e/ou anotarse no CIM de Viveiro, directamente no propio centro (Avda. Cervantes, s/n – Claustros San Francisco), chamando ao número de teléfono 982 55 04 21, ou a través do e-mail cim@viveiro.es.

Exit mobile version