Site icon Crónica3.com A Mariña

O candidato de Cs por Lugo, José Manuel Blanco, acode a concentración en defensa de Alcoa, en Burela, e volve entregar aos traballadores os compromisos de Cs en relación á fábrica

 Burela, xoves 24 de outubro de 2019. “As medidas de Feijóo para Alcoa son vacuas, inconexas e un brinde ao sol”, asegurou o candidato de Cidadáns ao Congreso por Lugo tras a concentración desta tarde en Burela.

Blanco asegurou que non se pode frivolizar con medidas vacuas ou inconscientes xa que se trata dun tema para o que Xunta non ten competencias, nin polo que se ve, é moi competente en temas de industria”.

O candidato ao Congreso dos Deputados de Cidadáns pola provincia de Lugo, José Manuel Blanco e Francisco Pintado, candidato ao Congreso representando a Mariña, volveron a entregar aos responsables do Comité de empresa de Alcoa San Cibrao un escrito co seu compromiso coa fábrica e as propostas de Cidadáns para tentar garantir a permanencia da empresa na provincia de Lugo. “Trátase dun documento asinado o pasado 9 de abril que tristemente segue sendo válido xa que tras 7 meses de PSOE no Goberno non se fixo nada”.

“O meu apoio coa permanencia de Alcoa na provincia xa foi demostrado en numerosas ocasións, indo moito máis alá da política”, asegurou José Manuel Blanco.

“Por iso hoxe volvo aquí, a entregar novamente en man ao comité de empresa da fábrica estas medidas, ademais do meu apoio e o de Pintado asinado para loitar porque esta fábrica continúe en Lugo”, afirmou o candidato.

“Necesitamos un Goberno que loite pola industria española e por todos os traballadores que dependen dela, escoitando as súas necesidades e tratando en darlles solución, xa que a industria é un asunto estratéxico de Estado”, aseverou o candidato.

As medidas de Cidadáns para tentar que Alcoa non se vaia da provincia de Lugo son:

Fomentar os contratos bilaterais de entrega da enerxía eléctrica (coñecidos como PPA) a través de eximir aos xeradores de enerxía eléctrica do imposto de xeración de maneira permanente (e non transitoria) e aos compradores do imposto sobre a electricidade para este tipo de transaccións e valorar o investimento do ICO como axente que garanta a transacción neste tipo de contratos.

Dar certeza aos exposto no Artigo 9. Compensación de custos indirectos por emisións de gases de efecto invernadoiro do Proxecto de Real Decreto polo que se regula o Estatuto de Consumidores Electrointensivos que as empresas industriais tanto precisan nun contexto de competencia global como o actual.

Impulsar o marco lexislativo e dispositivo estatal e europeo para que permita a implantación de redes enerxéticas pechadas, tal como prevé a Directiva Europea 2009/72/CE.

Desenvolver a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética co obxectivo de consolidar un mix enerxético que responda dunha maneira integral aos obxectivos de sustentabilidade ambiental, seguridade de subministración e competitividade de custos así como a revisión profunda dos custos do sistema eléctrico que non estean relacionados directamente coa subministración eléctrica e que supoñen máis da metade da factura

Exit mobile version