Dende a formación frontista recordan que a pesar do que di a sentenza, vaise producir unha repetición electoral sen que a administración do estado asegure as mesmas condicións para tódolos eleitores o que nos parece que incumple a propia sentenza e a lei eleitoral. “Dende as administracións públicas foron incapaces de asegurar o cumplimento da sentenza e da lei, pero no BNG seguimos adiante, mantemos a nosa convicción na defensa da veciñanza e do seu interese común. Superaremos tódolos obstáculos que veñan para así aseguralo cambio real en Burela” indicou Mario Pillado.
Para rematar os nacionalistas insisten en que agardan que se respeten as normas do xogo democrático, ” insistimos moito nesta idea porque cremos que é fundamental, despois de todo o acontecido en Burela tralas eleccións e tal e como se está a desenvolver a actualidade do Estado, que dende Burela demos un exemplo de democracia, que tódalas organizacións políticas a respetemos antes, durante e despois do 17 de Novembro” finalizou Pillado.