Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro fai un chamamento masivo á manifestación do 3N polo futuro de Alcoa

 Viveiro, 28 de outubro, 2019. O BNG de Viveiro apoia a convocatoria do Comité de Empresa de Alcoa San Cibrao para este 3 de novembro en Viveiro, e fai un chamamento masivo a todo o concello, a toda a comarca e incluso a toda a provincia pola continuidade de Alcoa e en xeral, de toda a industria e emprego de Galiza.

Míriam Bermúdez, a concelleira nacionalista en Viveiro: “ante unha ameaza de peche tan clara témonos que facer valer para que o Goberno do Estado non se exima das súas responsabilidades, nin que a Xunta de Galiza se poña de perfil ante un problema que está a piques de afundir a toda unha comarca. Precisamos de solucións inmediatas. É intolerábel que un país como o noso que produce electricidade a esgalla teña miles de empregos en xogo polos custes enerxéticos.”

Míriam Bermúdez aproveita para chamar ao Partido Popular: “partido tóxico e perigoso para todos as galegas e galegos, preséntanse como salvadores da Mariña cando o único que fixeron no Parlamento Galego foi vetar sistematicamente todas as propostas de abaratamento para a electricidade. Negáronse a aceptar unha Tarifa Eléctrica Galega así como a baixada do IVE na factura eléctrica do actual 21% ao 4%, á eliminación dos suplementos territoriais, a supresión das peaxes eléctricas no territorio galego, como tamén, a xestión pública dos encoros galegos segundo vaian rematando a súa concesión, que votaron en contra os Populares este pasado 22 de outubro, hai tan só 6 días. Infinidade de iniciativas que tumbou o PP, as cales que permitirían o abaratamento na factura da luz dos fogares galegos e que beneficiaría na competividade das nosas empresas,” concluíu a concelleira do BNG en Viveiro.

Exit mobile version