Burela, 1 de Outubro de 2019. A situación de desgoberno no concello de Burela segue xerando situacións que o goberno local xestiona de xeito demencial. O goberno en funcións non pode licitar o contrato de determinadas actividades que os socialistas tiñan externalizadas e se desenvolvían nas instalacións deportivas municipais.
“O Concello non ten ninguna obriga con ese servizo privado porque non pode formalizar o contrato, mesmo se publicou que o concello non ofertaría a actividade de patinaxe artístico pero ahora vai ocupar horario de pavillón mentres as nenas e os nenos dos clubs deportivos da vila teñen que adestrar noutros concellos ou en horarios impropios da súa idade” indicou Mario Pillado, voceiro do BNG, quen engadiu que “os socialistas priman o negocio dunha empresa privada, por moito que a vaian enmascarar nunha asociación, por riba do deporte de base”.
Para o BNG esta situación fala do pouco compromiso do goberno local coas instalacións deportivas.
“Recordamos que en Xuño fixo un ano que presentanos a moción para a construcción do novo pavillón na que o alcalde se comprometeu a facerse cos terreos, a presentar un convenio de financiamento entre as administracións e a redactar o proxeto para a obra” sinalou Pillado. “O señor Llano non cumpriu nada, optou pola reforma que presenta uns prazos de mais que dubidoso cumprimento o que atranca aínda mais o problema que temos na vila cunhas instalacións deportivas saturadas e insuficientes” comenou o nacionalista quen rematou decindo que “as rapazas e os rapaces van adestrar a outras vilas e algúns que quedan aquí rematarán de adestrar ás 22:00 horas da noite para o beneficio dunha empresa privada mentres o señor alcalde no sabe nin cando comenzarán as obras de reforma do pavillón Vista Alegre e desbota a construcción dun novo pavillón polideportivo”.