Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG afirma que Viveiro avanza renunciando á gran parte da propaganda electoral

Viveiro, 11 de outubro, 2019. A concelleira do Bloque Nacionalista Galego, Míriam Bermúdez, levou neste pleno de outubro unha moción para declarar Viveiro libre de contaminación electoral, a cal propoñia que dende o Concello se habilitasen taboleiros ou paneis en cada unha das parroquias do municipio, para que cada grupo político expoña aí a súa propaganda nas diferentes convocatorias electorais, renunciando así, á mala práctica tradicional de invadir todo o concello con cartelería nos seus diferentes formatos e materiais, xa sexa colada ou pendurada. Míriam Bermúdez expuxo moi claramente no pleno: “de nada serve aprobar mocións sobre a emerxencia climática, se logo non facemos nada real para revertir esta situación. Hai que actúar e deixarse de declaracións de intencións que nada resolven”.

Logo dunha moción moi debatida, Míriam Bermúdez manifestou ao saír do pleno: “estábamos convencidas de que todxs xs representantes da corporación municipal de Viveiro coincidirían na necesidade de manter os espazos públicos de Viveiro limpos en cada campaña electoral, sen embargo aínda houbo grupos políticos remisos a aceptar a totalidade da nosa proposta, máis en concreto sobre o de pendurar publicidade electoral nas luminarias municipais.”

Finalmente e despois dun duro debate donde ningún do resto de partidos da corporación municipal aceptaba o punto de non colgar propaganda electoral das luminarias do concello, dende o BNG se decidiu excluílo da moción para que polo menos saíse aprobado o resto, e poder minimizar a gran parte de contaminación electoral.

Exit mobile version