Nestes momentos, xa hai tempo que se teñen realizado consultas para a redacción dos estatutos, se ten realizado a constitución e estamos á espera da validación legal dos estatutos, que foron enviados no seu día.
Cabe lembrar que os obxecivos propostos para a asociación son “A axuda e procura dun mellor desenvolvemento vital dos maiores en Ribadeo” e “A optimización das circunstancias materiais e metodolóxicas para o coidado dos maiores de Ribadeo”
Asemade, xa coa nova residencia a pleno rendemento unha vez pasados os momentos iniciais, cremos que xa é o momento de poñernos en contacto coas familias dos residentes e a xente interesada en que os nosos maiores teñan a mellor calidade de vida, convocando unha xuntanza no lavadoiro da r/Fornos o sábado 5 de outubro ás 20h, para unha primeira toma de contacto e participación na asociación.