Site icon Crónica3.com A Mariña

Míriam Bermúdez: “Un goberno en minoría debe colaborar coa oposición.”

Viveiro, 19 de outubro, 2019. No pasado pleno do 30 de setembro, despois de analizar o pasado exercicio económico que poñía de manifesto un Goberno do PSOE que, grazas ao traballo do persoal dos servizos municipais, non vai máis alá do mero intento do cumprimento co establecido na lei e totalmente falto dun proxecto de Concello a longo prazo.

Emprazábamos xa, nesa sesión plenaria, a María Loureiro a que cambiase a súa actitude e escoitase con máis receptividade as propostas que se fan en positivo dende a oposición. Recalcábamos a oportunidade de aproveitar a ocasión na que o goberno municipal ten que poñerse a traballar no Orzamento Xeral de 2020 para convidala a que aproveitase para facer partícipe na elaboración do orzamento 2020 tanto aos grupos da oposición, como á veciñanza de Viveiro, poñendo en marcha uns orzamentos participativos e que si así o facía, non dubidase que por parte do BNG tería unha resposta positiva para traballar de xeito conxunto en beneficio das e dos viveirenses.

Como ven sendo habitual na forma de gobernar do PSOE, fixeron caso omiso da proposta, polo que estando a dez semanas para a entrega dos presupostos tanto a veciñanza de Viveiro como os grupos da oposición, non coñecemos ningún documento a respecto do Orzamento Xeral 2020.

Exit mobile version