San Cibrao, 28 de outubro de 2019. O día 26 de outubro de 2019, tivo lugar na Pontenova o I Trofeo Arc-Eo de tiro con arco en sala, organizado polo Club local Arc-Eo. Alí acudiron cuatrio dos nosos seteiros, nun torneo caracterizado por ser categoría única e unisex, na modalidade de arco recurvo participaron Santiago González Villares, que aínda que competiu co seu arco espido (sen axudas de estabilizadores, nin punto de mira) tirando sobre unha diana á que non está habituado (tres vertical mentres que a de arco espido son de 40 cms) logrou situarse na posición 24 tras conseguir 442 puntos (226 na primeira serie e 216 na segunda). Moi boa puntuación se temos en conta o último Trofeo Federación Xunta de Galicia onde o gañador deste evento conseguía 488 puntos sobre a diana propia de arco espido de 40 cms (de maior envergadura)e ao que o noso seteiro non podía asistir por estar de baixa. O vindeiro sábado día 2 de novembro no 2º Trofeo de liga poderase desquitar e seguramente dara unha nova sorpresa, como vén facendo desde o seu inicio na competición de tiro con arco. Doutra banda Sergio López Dianteiro , conseguía os 451 puntos o que lle situaban na posición 21. Raquel Brea Touriño lograba os 365 puntos o que a situaban no posto 29. Mentres que o veterano do grupo Jorge Galante competía tamén en senior, logrando situarse na cuarta posición ao final das dúas series clasificatorias cun total de 532 puntos. O que lle daba o pase á fase de eliminatorias en oitavos de final.
O primeiro encontro disputouno contra o representante do Club CUTARC TEAM da Coruña Jaime Balando, encontro relativamente cómodo que se saldou cun total de 7 a 1 puntos de set. O segundo encontro foi contra un peso pesado do Tiro con arco galego Antonio Otero, do club Arcobarco de Ourense, enfrontamento bastante apertado no que os sets se resolveron tan só por un punto de diferenza logrando acumular 7 a 1 puntos de set. O terceiro encontro disputábao contra Gonzalo Miragalla do Club Guitiriz, nesta ocasión a presión foi máxima, aínda que o noso seteiro logrou unhas moi boas puntuacións acumulando 27 puntos en cada unha delas e ata unha máxima de 30, Gonzalo lograba unha vantaxe de 5 a 1 en puntos de set que Galante foi acurtando ata conseguir o empate a 5, disputándose o encontro a unha soa frecha, a mais próxima ao centro daría a vistoria sendo esta para o representante de Guitiriz. Cuarto enfrontamento para disputar o bronce, nesta ocasión sería contra francisco Perez do Club Universitario da Coruña, o encontro non foi bo para o noso seteiro que tan só puido empatar un set, sendo eliminado por 7 a 1 en puntos de set.
Proximo evento o 2º Trofeo de liga de sala galega, valedeiro para o Ranquin nacional o 2/11/2019 en Arteixo.