6º do mundo con 21 anos, Adrián Ben foi de menos a máis na final dos 800m celebrada en Doha este martes. Nunha carreira rapidísima, o viveirense parecía relegado ao derradeiro posto, mais nun bo final puido rematar 6º. Unha nova gran marca para un atleta que dará moitas máis tardes de gloria.