Ethel Vázquez contrapuxo “a falta de compromiso do Partido Socialista coa provincia, onde só pode ofrecer mentiras, como a contada polo ministro de Fomento cando dixo que o AVE chegará a Lugo en 2021, cos feitos e realidades que achega o PP desde o Goberno da Xunta”.
Ademais, referiuse á “realidade virtual” que representa o proxecto da estación intermodal presentado polo ministro Ábalos coa alcaldesa o pasado ano, en vésperas das eleccións. Segundo sinalou, ese proxecto presentouse cun gran aparcadoiro subterráneo que, sen embargo, agora o Ministerio de Fomento pretende que pague a Xunta. “Eu convido e ti pagas, esa é a súa estratexia”, sinalou Ethel Vázquez.
Fronte a isto, asegurou que a Xunta construirá unha estación intermodal en Lugo como está a facer en Vigo, en Santiago ou en Ourense, lembrando que varias destas cidades, como a da Coruña aínda están agardando por ver transformadas en realidade as estacións que prometeu o Partido Socialista.
A diferenza do Goberno socialista de España, dixo Ethel Vázquez, “a Xunta dispón duns Orzamentos que permitirán executar o primeiro Centro Integral de Saúde de Galicia en Lugo. A Xunta investirá o vindeiro ano 7 millóns de euros na súa construción, que suporá un investimento total de 12 millóns”. Estará situado no barrio da Residencia, un espazo que a Xunta está a recuperar ante a inacción do Concello e que será unha completa área de servizos aos cidadáns, grazas a un investimento global de 30 millóns de euros.
Finalmente, a conselleira informou do desdobramento do corredor Nadela-Sarria, cuxa primeira fase se licitará de forma inminente por 23 millóns de euros para comezar as obras o vindeiro ano.
APEC Lugo
A Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Lugo aglutina a máis de 800 empresarios lucenses do sector. Algúns dos seus socios participaron neste reunión coa máxima dirixente do goberno galego en materia de infraestruturas, Ethel Vázquez, que acolleron de bo grao. Así, agradeceron a información aportada de primeira man sobre os investimentos previstos para o vindeiro ano 2020 na nosa provincia, así coma os investimentos xa en marcha.
O xerente da asociación, Eugenio Corral, destacou a calidade dos pregos de contratación deste departamento autonómico e gabou o traballo da conselleira, así coma a axilidade en dar resposta aos asuntos que se lle trasladan, feitos que demostran a súa profesionalidade, ademais do seu coñecemento sobre esta área.
Tamén se expuxo na reunión, entre outros asuntos, o problema que supón a xestión dos residuos procedentes do fresado asfáltico das estradas previo á renovación da capa de rodadura. Dende a APEC sinalan que “este é un dos asuntos recorrentes neste tipo de xuntanzas; pero para o que sabemos que dende esta consellería non teñen competencias para a súa regulación, senón que corresponde ao Ministerio de Medio Ambiente”.
Saúdos,