Site icon Crónica3.com A Mariña

Este venres ás 17h na Casa da Cultura do Vicedo María Lado presenta o espectáculo “A Ovella Engracia”

Trátase dun espectáculo de animación á lectura en formato de contacontos. Engracia é unha ovella que persegue o seu propio soño: ver onde vai a lúa cando sae. Aínda que para iso terá que romper unhas normas que considera inxustas e aventurarse no mundo descoñecido. A ovella Engracia fala da procura dunha mesma a través da curiosidade, a constancia e o valor. A actividade está destinada a nenos e nenas de 5 a 12 anos. Entrada gratuita.

Exit mobile version