Un total de 13 actores subiron ó escenario para representar dun xeito divertido o grave problema dos inmigrantes. A obra foi un encargo de Cáritas con vistas a ser representada en varios lugares e recadar fondos para a asociación, aínda que tamén se inscribiu nos circuitos Buxiganga de teatro afeccionado, organizados pola Deputación de Lugo. Varios actores fixeron o seu debut co grupo teatral e un cheo case absoluto acolleu a representación.