Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado ás 20:00h. Nordés organiza unha xornada de teatro na Casa da Cultura do Vicedo. O Colectivo Cultural Ollomao de Barreiros representará a obra de teatro “Enciclopedia Álvarez”

Esta obra estreada no ano 2017, conta a historia dos nenos e nenas que durante o franquismo foron sometidos á absurda e ilóxica “des-educación” da escola do réxime. Esta historia contada desde o prisma dos adultos que son agora mostra as escolas durante aquela etapa e o tratamento que se facía nelas de temas como o feminismo, a lingua, a autoridade ou a relixión. Unha historia contada con humor, pero que fai reflexionar, aínda que sexa “chorando de risa”. A actividade está inscrita no círcuito do Proxecto Teatral Afeccionado Buxiganga, da Deputación de Lugo.

Exit mobile version