Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado, 5 de outubro, ás 12:00 horas, terá lugar unha xornada de voluntariado de limpeza da Praia da Caosa, en San Cibrao, enmarcada no programa Libera, ao que se vén de unir o Concello de Cervo

“LIBERA, unidos contra la basuraleza” é unha iniciativa creada pola ONG ambiental SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, convidou á veciñanza de Cervo a que se sume a esta xornada na que catalogaremos os diferentes tipos de lixo que se poden atopar nos nosos ecosistemas incidindo na concienciación e na importancia de manter os espazos naturais limpos”.

Exit mobile version