Hoxe partían da Mariña rumbo a Madrid os paquetes coas 5.000 cartas. O obxectivo da FCAM é que cheguen ao Palacio da Moncloa ao longo dos vindeiros días 80.000 misivas de clientes e veciños desta comarca.
A Federación de Comercio A Mariña, a través de cada unha das oitos Acias que a conforman, pon a disposición dos clientes e da veciñanza destes municipios, cartas para remitir á presidencia do Goberno: “só teñen que poñer o selo e o remite, si así o desexan, para personalízalas e envialas. O obxectivo é chegar ás 80.000”, segundo explicou José Carlos Paleo, presidente da FCAM.
Aquelas persoas que queiran amosar o seu apoio a Alcoa, a través desta campaña da FCAM, o único que teñen que facer é dirixirlles aos establecementos asociados ás Acias e CCAs de Ribadeo, Foz, Burela, Lourenzá, Xove, Viveiro, Covas e O Vicedo para facerse coas cartas.
No escrito dirixido a Pedro Sánchez a FCAM explícalle que aglutina a cerca de 1.000 negocios e autónomos e 5.000 empregos directos das oito asociacións de comerciantes do norte lucense que a forman e amósalle “nuestra preocupación por la incertidumbre que pesa sobre la planta que Alcoa tiene en San Ciprián (Cervo). La factoría genera 1.100 puestos de trabajo directos y otros 700 indirectos. Es la empresa más importante que tiene la provincia de Lugo. Su cierre sería una auténtica catástrofe para la comarca de A Mariña y sus más de 80.000 habitantes”.