O Concello de Ribadeo e Sogama organizan esta nova edición do programa de compostaxe doméstica, tras o éxito acadado nas anteriores. Trátase dunha actividade dirixida a vivendas unifamiliares que dispoñan de xardín, hortas ou terras de cultivo, a través da cal se explicará con detalle o proceso de fabricación do compost a partires dos residuos orgánicos xerados nos seus fogares, obtendo un abono de alta calidade que poderán utilizar nas súas propiedades.