Os obxectivos do proxecto son a elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os distintos Camiños de Santiago e a realización dunha degustacións destas receitas convidadando aos restaurantes e aos Grupos de desenvolvento rural dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con producións locais, tradicionais e de tempada.
A través do proxecto a gastronomía fai camiño preténdese tamén dar a coñecer as tradicións asociadas a estes produtos.
A terceira degustación organizada pola Asociación de GDRS en colaboración co GDR Terras de Miranda terá lugar no percorrido do Camiño do Norte ó día 3 de outubro as 18:00h no Pazo de Tovar (Lourenzá-Lugo).
Están convidados a participar os restaurantes do camiño así coma os Grupos de Desenvolvemento Rural.