O popular fai esta aseveración porque as cifras “cantan por si soas e as actuacións tamén”. É o caso, di a modo de exemplo, as partidas previstas para seguir mellorando o Hospital, a execución da VAC da Costa, a xestión do Centro de Investigación da Mariña ou a construción do segundo martelo do porto de Burela, entre outras.
Por todo elo, o popular considera que “os dirixentes sanchistas” deben “dar un paso atrás e pedir incluso desculpas polas súas críticas”. Sobre todo, engade, porque o investimento previsto supón “unha inxección económica por cada veciño moi importante”.
“Creo se trata dun dato que no debe de pasar desapercibido nun momento, ademais, no que o Partido Socialista está a levar á Mariña á peor crise que tivo coa situación de Alcoa. Os feitos dan e quitan razóns, e o datos aportan credibilidade. A realidade é que a Xunta arroupa continuamente aos mariñaos, véxase a proposta de estatuto presentada polo presidente Feijóo, e o PSOE o único que fai é darnos bofetadas”, remarca.
O deputado do PP maniféstase así “moi decepcionado coa actitude do socialistas, que teñen máis de sociolistos que de socialistas”, sobre todo, cando no último presuposto do bipartito, A Mariña recibiu da Xunta de Galicia case 3,5 millóns de euros menos con respecto ao exercicio anterior. Esta disminución aínda foi máis superior se se compara coa do último ano do PP no Goberno galego. En 2005 o investimento da Xunta xa fora de 149 euros máis por habitante que o do “matrimonio fracasado que formaran naquel entón o PSOE e o BNG”.
A Xunta, “a aliada da nosa comarca”
Daniel Vega conclúe que “as palabras lévaas o vento, pero as cifras non”. “A realidade é tozuda, e a realidade é que a Xunta de Galicia, ademais das partidas anunciadas, o Goberno de Feijóo soporta ao 100% o mantemento dos servizos sanitarios, dos colexios, dos xulgados, etc. É dicir, a Xunta de Galicia é con diferencia á aliada da nosa comarca. É a administración que máis inviste na nosa zona con diferencia”, sentencia.