Site icon Crónica3.com A Mariña

CxG aclara a Feijoo que en Compromiso non existe a dobre militancia

Compostela, 10 de outubro, 2019. Hoxe en declaracións posteriores ao Consello da Xunta o Sr. Feijoo deslizou que CxG está en VOX: “se se xunta cun partido que se pasou a VOX pois o BNG empezará a perder votos do sentido común nacionalista”. Aclarar neste punto a o Presidente do PP que en CxG non se contempla a dobre militancia, as persoas de CxG son militantes de Compromiso porque aceptan as nosas posicións políticas: galeguismo, progresismo e europeísmo, moi lonxe dos ideais de VOX.

Dito isto convén lembrarlle a Feijoo que é precisamente o PP quen ten acordos con VOX, algo escuros en: Murcia, Andalucía e Madrid e moitos concellos do estado. Presidentes Autonómicos que comparten con Feijoo mesa e mantel na dirección estatal do PP, onde Feijoo non parece tan exquisito, ou quizais non ten predicamento na dirección estatal.

O que realmente pon nervioso a Feijoo é que o discurso galeguista do PP de Galicia non se sostén diante da nefasta xestión do PP na reivindicación dun marco propio galego. Feijoo é o Presidente das cero competencias e sabe que co BNG-CxG no Congreso calquera goberno do estado que precise negociar terá que ter en conta a Galicia, iso é a realidade. Feijoo hoxe é o un Presidente interino que non da solución a ningún problema de Galicia: estaleiros, Alcoa, as Pontes … e sabe que con unha forza nitidamente galega en Madrid esa carencia actual vai ser unha grande oportunidade para Galicia, por iso ataca as persoas e non a política.

Tampouco terá Feijoo o gusto de ver desaparecer a CxG como el di o que si ten data de caducidade é o “goberno Feijoo” e precisamente será dende o 10N.

Exit mobile version