Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezou no Vicedo o curso de turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía

 O Vicedo, 4 de outubro, Desde este venres está celebrándose o curso de turismo, educación e ocio vinculados á ornitoloxía, organizado conxuntamente polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil de O Vicedo e Mañón, e subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Os asistentes participaron tanto nas charlas sobre as paisaxes do norte de Galicia e as aves terrestres e mariñas, como do paseo ornitolóxico ata o mirador sobre a Illa Coelleira.
Xa pola tarde tivo lugar a primeira xornada de observación de aves mariñas desde a Estaca de Bares. Mañá continúa o curso con charlas desde as 9 da mañá no Concello de Mañón, paseo pola zona de Vila de Bares e nova tarde de observación en Bares. O Curso está destinado a xóvenes de 18 a 30 anos pero os maiores desa idade poden asistir como ointes.

Exit mobile version