Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela estará presente na vindeira Feira de abril en Sevilla

 Burela, 31 de outubro de 2019. Burela estará presente na vindeira Feira de Abril en Sevilla. Alí fará promoción turística. O Concello foi elixido para acudir a esta cita polo Lar Gallego da capital andaluza, segundo deu a coñecer hoxe o concelleiro Ramiro Fernández Rey.
O edil de Turismo explicou que “fomos elixidos este ano para participar na Feira de Abril, de Sevilla, por unha invitación que nos fai o Lar Gallego de Sevilla para dedicar ao concello de Burela esta edición do evento no que se refire á súa caseta. A nosa participación vai consistir basicamente nunha promoción turística de Burela na Feira de Abril. A caseta do Lar Gallego vai estar decorada con fotos e pinturas de Burela”.
Fernández Rey dixo: “entendemos que é unha maneira estupenda de promocionar Burela e desde logo estamos agradecidos ao Lar Gallego por elixir a Burela para participar nestes actos. Vamos estar alí con presenza institucional por suposto promocionando Burela dentro das nosas posibilidades”.
O concelleiro burelés engadiu que “tamén imos participar en outubro nun encontro de casas rexionais e provinciais que se celebra en Sevilla, ligado ao que é a Feira de Abril. Vamos ter alí un stand, no que imos poder facer unha promoción turística de Burela e ademais teremos a posibilidade de que os nosos produtos sexan degustados en Sevilla”.
Ramiro Fernández subliñou que “estamos contentísimos con esta invitación que nos fai o Lar Gallego de Sevilla, que é unha casa galega que está moi implantada nesa cidade, ten máis de 800 socios, co cal entendemos que é unha oportunidade única a que nos dá o Lar Gallego para promocionar alí Burela. Temos que destacar que unha das casetas máis grandes da Feira de Abril é precisamente a do Lar Gallego e por alí pasa moitísima xente, polo que é unha oportunidade única de promocionar Burela. Por iso cando recibimos a invitación evidentemente dixemos inmediatamente que si e alí estaremos intentando promocionar Burela da mellor maneira posible”.

Exit mobile version