O acto, ao que asistiron militantes e simpatizantes do partido, celebrouse nun salón do céntrico hotel Méndez Núñez. Durante a presentación da lista interviñeron varios responsables do partido a nivel autonómico que destacaron o valor humano e a capacidade política do grupo que concorre ás xerais pola provincia.
“Votar al PP es indultar al PP. No olvidemos que el PP como partido fue condenado por corrupción por la Audiencia Nacional en la sentencia 20/2008. Hay mucha gente en el PP digna y honorable pero el PP como partido político, con personalidad jurídica propia, fue condenado por corrupción”.
Doutra banda, asegurou que “votar al PSOE es convalidar la política económica de subida de impuestos y a la política territorial de pactar con independentistas”.
A lista ao congreso está formada por un equipo cohesionado, comprometido e con experiencia que se está coordinando desde hai semanas para traballar arreo antes e despois do proceso electoral do 10- N. A lista está composta por José Manuel Blanco, Francisco Pintado Otero, Carla María Campo Dacal, Vitoria García Vázquez.
En definitiva, unha lista con experiencia política e profesional. De feito, José Manuel Blanco, candidato ao Congreso pola provincia de Lugo e número uno da lista repite posición tras cultivar un gran resultado nas anteriores eleccións xerais e quedar ás portas de conseguir representación para a formación laranxa na provincia de Lugo. Este enxeñeiro de Montes, natural do Caurel, desempeña a súa actividade profesional na capital lucense como responsable enxeñeiro xefe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil na provincia de Lugo.
Deste xeito, a súa visión política complétase cunha dilatada experiencia profesional sobre o terreo de case 20 anos que lle permite coñecer á perfección as necesidades e as carencias da provincia en materia territorial, económica, social e ambiental.
Durante a súa intervención Blanco asegurou que é fundamental traballar no Congreso para reverter o despoboamento que sofre a provincia, dinamizar as políticas de conciliación familiar, garantir o poder adquisitivo das pensións e promover políticas modernas, de centro e liberais que dinamicen o tecido produtivo lucense.