Site icon Crónica3.com A Mariña

As probas realizadas a Iago Míguez confirman que afastará ao burelista das pistas nos vindeiros meses, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de senllos meniscos

Os servizos médicos do club programarán o paso polo quirófano do 5 laranxa nas vindeiras semanas; tras a intervención marcarán o protocolo de recuperación e rehabilitación. O xogador viuse obrigado a retirarse do parqué de Vista Alegre o sábado pasado ante o Levante UD FS, no minuto 15, por un gran choque no seu xeonllo dereito nunha saída do meta visitante.

Exit mobile version