Os servizos médicos do club programarán o paso polo quirófano do 5 laranxa nas vindeiras semanas; tras a intervención marcarán o protocolo de recuperación e rehabilitación. O xogador viuse obrigado a retirarse do parqué de Vista Alegre o sábado pasado ante o Levante UD FS, no minuto 15, por un gran choque no seu xeonllo dereito nunha saída do meta visitante.