Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprobada a moción para salvagardar os postos de traballo en Alcoa e auxiliares do BNG de Viveiro

Viveiro, 9 de outubro, 2019. Dende o BNG de Viveiro sabemos que o problemática da fábrica de San Cibrao non se resolverá dende o salón de plenos de ningún concello, pero o que si podemos e debemos facer, é presionar e instar aos responsábeis políticos que non actúan á altura da gravidade do problema.

Dende o BNG presentamos esta moción para salvagardar os postos de traballo en Alcoa e auxiliares, co obxecto de demandar ao Goberno Estatal medidas urxentes como son a aprobación inmediata do estatuto de electrointensivas, a planificación da substitución do sistema de poxa de interrumpibilidade por unha máis estábel, e a consideración no futuro sistema enerxético, do papel de produtor de Galiza, que deberá ser beneficiada no prezo a través dunha tarifa eléctrica galega, podendo así abaratar os prezos as nosas empresas e aos consumidores particulares.

A moción presentada polo noso grupo, foi aprobada pola corporación municipal coa abstención de Son Viveiro, a pesares de ser sometida a votación de xeito irregular, unha emenda do PSOE nun intento de evitar pronunciarse a favor dunha tarifa eléctrica galega e da substitución do sistema de poxa de interrumpibilidade.

Exit mobile version