Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnos de 1° e 2° de Primaria do CEIP Vista Alegre, de Burela, estiveron este venres de excursión con Gaia.

Están a participar nun proxecto chamado Coidemos o mar, e visitaron a lonxa, o Almacén do Peixe a cetárea, e remataron limpando a praia de Perdouro. Segundo explican as monitoras de Gaia “na lonxa a visita centrouse no traballo que se realiza nesta instalación, cómo se rula o peixe e cómo separan os residuos que xeran. No Almacén do Peixe aprenderon a diferenciar peixes e as artes de pesca coas que se capturan. E na cetárea aprenderon a diferenciar os distintos mariscos que alí teñen. Rematamos a visita limpando a zona do Perdouro, e co lixo que recollemos van facer unha escultura”.

Exit mobile version