Desde a Concellería de Medio Ambiente explican que “o obxectivo desta iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais libres de lixo e así, liberar moita máis vida a favor da natureza”. As monitoras de educación ambiental engaden que “como o tempo era soleado aproveitamos para merendar en plena natureza e así coller forzas para posteriormente limpar a praia. Temos que destacar que a maior parte do lixo foron microplásticos, tapóns, corchos, anacos de nylon, bastoncillos dos oídos… que a simple vista poden pasar desapercibidos, pero que invaden as nosas praias”.