Site icon Crónica3.com A Mariña

Actos do Día Mundial de Loita contra o Cancro de Mama en Cervo

A delegación de Sanidade, que dirixe Mali Méndez, programa para o Día Mundial de Loita Contra o Cancro de Mama, este sábado, 19 de outubro, unha Andaina Solidaria, que partirá ás 17:30 horas, do peirao de San Cibrao. A continuación haberá unha sesión de Ioga na Casa do Mar. Ademais, durante este mes de outubro “Mes Rosa”, permanecen iluminados desta cor os edificios públicos (antigas fábricas de salgadura, Casa da Cultura e Concello) como acto simbólico de sensibilización sobre esta doenza.

Exit mobile version