Realizaranse previsiblemente tres actividades: A primeira é unha charla na casa de acollida para mulleres víctimas de violencia de xénero con enfermidade mental “A Mariña”, onde se fará unha descripción dos programas terapéuticos levados a cabo coas mulleres que acceden a este recurso. Facer concienciación, visibilización e prevención. Será este xoves coincidindo co día mundial da saúde mental na residencia de Cervo, a partir das 18h. cunha ponencia titulada “violencia de xénero e saúde mental” a cargo de María José Nóvoa, directora técnica de A Mariña e Vanesa García Cayón, coordinadora da casa de acollida. O acto pecharáo Susana López Abella, directora xeral de igualdade.