Neste momento, polo tanto, o centro ten 30 alumnos, agrupados en dúas aulas: 4 de educación infantil e 26 de educación primaria.
Unha decisión en sentido diferente suporía un agravio comparativo con respecto a outros centros que, en Galicia ou na provincia, están en circunstancias similares, como é o caso de Samos, Navia ou O Courel.
A efectos prácticos implica que o centro agrupa nunha mesma aula alumnos de infantil e primaria, algo propio das escolas agrupadas do rural e que non supón efectos pedagóxicos. A dirección do centro pasa a denominarse coordinadora, a simples efectos xurídicos e retributivos.