Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2019.- A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, executa actuacións de limpeza e conservación no treitos interurbanos do rego da Ferreira, no municipio de Alfoz.
Os traballos de Augas de Galicia coinciden cos tramos deste ríos no seu percorrido polas parroquias da Laxe e Ferreira, e abarca varios tramos das áreas con Risco Potencial Significativo de Inundacións (ARPIs) neste municipio lucense.
As tarefas que se están a realizar forman parte dos traballos de mantemento destes tramos en áreas con risco potencial de Inundacións, centrándose na retirada de árbores mortas e madeira acumulada, así como elementos susceptibles de causar atoamentos, e tamén rozas selectivas puntuais. Unha vez finalizadas estas actuacións, os tres regos e o río quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-Norte e as súas zonas de acceso e protección.
Mediante este tipo de traballos, o organismo hidráulico da Xunta ten como obxectivo a mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna do río.