A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, comunicou que o proxecto de Fomento para resolver o problema das escorrentías nun viaduto da A-8 ao seu paso por Mondoñedo vén de superar o trámite de información pública
redac
Trátase do proxecto de trazado para a construcción dunha baixante escaloranda baixo o viaduto de Vedrós, na devandita autovía. A subdelegada deu conta de que o Boletín Oficial do Estado publica este mércores a resolución do Ministerio de Fomento pola que se aproba o expediente de información pública e ordena a redacción proxecto de contrucción da baixante. Esta obra ten un presuposto estimado de licitación de 113.442 euros.