Site icon Crónica3.com A Mariña

A quinta etapa do programa “Cervo no Camiño”, que transcorreu entre as localidades de Palas de Rei e Fraga Alta, congregou este domingo a medio cento de persoas

Esta é unha iniciativa promovida polo Concello de Cervo, conxuntamente coas distintas asociacións do municipio, concibida co fin de impulsar e poñer en valor o Camiño de Santiago e, en concreto, o tramo que discorre polo termo municipal e que forma parte do Camiño do Mar. Este programa conta con nove rutas, unha inicial que transcorreu polo propio Concello, e outras oito que fan o percorrido do Camiño Francés dende O Cebreiro ata Santiago de Compostela. A seguinte etapa terá lugar o vindeiro domingo, 13 de outubro, entre Fraga Alta e A Brea.

Exit mobile version