Burela, 24 de outubro, 2019. A Pescada do Pincho de Burela comezou a semana pasada o seu particular Camiño de Santiago gastronómico a través da rede nacional de Paradores, dentro da última campaña de promoción lanzada pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo OPP7.
Desde o pasado 15 de outubro e durante varias semanas os restaurantes de dez Paradores ofrecerán receitas especiais creadas polos seus chef con Pescada do Pincho de Burela. Todos estes Paradores atópanse nas diferentes rutas do Camino Xacobeo: Vía da Prata, Camiño do Levante, Camiño Complutense, Camiño de Madrid, Camiño Francés e Camiño Norte.
Esta orixinal ruta gastronómica da Pescada de Burela comezou en Valencia e Sevilla. O Parador de El Saler (Valencia) ofreceu a semana pasada o seu prato de “Pescada do Pincho de Burela, Crema de Chícharos e Fritada de Pementos”. Pola súa parte, o Parador de Carmona (Sevilla) ofreceu as súas receitas de “Pescada do Pincho de Burela en Salsa Roteña” e “Cogotes de Pescada do Pincho de Burela en Salsa Bilbaína”.
Esta semana a campaña de promoción da Pescada do Pincho de Burela chegou á Comunidade de Madrid. O Parador de Alcalá de Henares ofrece estes días na carta do seu restaurante tres pratos elaboradas co produto estrela burelés: “Pescada de Burela con risoto de cogomelos e pilpil trufado”, “Pavias de Pescada de Burela con tártara de encurtidos” e “Cogote de Pescada de Burela á Donostiarra”.
A campaña de promoción de OPP Lugo continúa nas próximas semanas visitando os Paradores de Santo Domingo de la Calzada (La Rioja), de La Granja (Segovia), de Toledo (Toledo), de Plasencia (Cáceres) e de Benvente (Zamora); para facer a súa chegada a Galicia nos Paradores de Ribadeo (Lugo) e Santiago de Compostela (A Coruña).