Burela, 2 de outubro, 2019. A Sala de A rte da Casa da Cultura de Burela, acolle dende o luns 7, e ata o vindeiro 11 de outubro, a exposición de fotografía “A MARIÑA SOMERXIDA” que o GALP A MARIÑA ORTEGAL e o Concello de Burela achegan a todos os interesados e poden visitala de luns a venres, de 10 a 13 horas e, de 17 a 20 horas .
Unha exposición dos artistas Carlos Gil e Hugo Fernández. Nesta exposición preséntanse instantáneas orixinais que fan que o visitante se adentre nos fondos mariños da costa de LUGO. A representacón promovida polo GALP A Mariña Ortegal, é unha mostra dun patrimonio natural descoñecido pola maioría que pon en valor a biodiversidade somerxida. O visitante viaxa máis alá sa superficie dos nosos mares descubrindo un mundo incrible de especies únicas.
As augas da Mariña Lucense ábrense nesta ocasión para sorprender ao público. Móstrase o mar como recurso , como forma de vida, como parte da nosa cultura mariñeira. Preténde tamén que sexa un referente para divulgar e concienciar e conservar a riqueza das nosas augas.