Site icon Crónica3.com A Mariña

A Festa da Faba de Lourenzá ocasionará cortes de tráfico en rúas de Vilanova desde este xoves

Procederase ao corte das seguintes rúas ata a finalización da festa: Travesía da Mariña, Avenida de Mondoñedo ata o cruce con Avenida do Val, Paseo de Oya e rúa Avelino Montero Villegas. Dende o venres 4 de outubro: rúas Fernández Del Riego, Muíño do Frade, Secretario Luis Iglesias e Carlos Peregrín Otero. O trazado alternativo será por Avenida do Val, Carretera de Trabada , pista que discorre por detrás do mercado comarcal gandeiro ata a rúa Casas Novoa, que accede directamente ata a vila”. Ademais a parada de autobús será trasladada ata a praza Julia Minguillón (xunto ao Bar Cabaleiros).

Exit mobile version