Site icon Crónica3.com A Mariña

A deputada de Medio Rural, Mónica Freire Rancaño, participará este martes na reunión do Consello de Goberno do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural

Lugo, 7 de outubro de 2019. A deputada de Medio Rural, do Mar e Mocidade, Mónica Freire Rancaño, asistirá mañá á reunión ordinaria do Consello de Goberno do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER), que se celebrará mañá a partir das 5 da tarde no Campus Terra.
Na reunión aprobarase o novo regulamento de réxime interno do instituto e a comisión asesora externa, e presentarase a memoria de actividades do centro durante a última anualidade.
A deputada mariñá sinalou que a presenza na xuntanza “renova o compromiso de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e dun centro de Investigación cunha traxectoria tan ampla ao longo destes anos, e necesaria para o rural da provincia”
O Ibader centra o seu labor na investigación, na docencia e na difusión. O seu principal obxectivo é constituír un foro permanente de encontro, exposición e debate de todas as actividades de interese para o agro galego, especialmente no ámbito da conservación e xestión da biodiversidade e do medio ambiente no medio rural, da
mellora dos sistemas de produción e novas orientacións produtivas e da
planificación e estrutura do territorio rural.
O Consello de Goberno, presidido polo reitor da Universidade de Santiago, establece as liñas estratéxicas e programáticas do instituto e as directrices e procedementos para a sáu aplicación.

Exit mobile version