Este convenio inclúe dúas liñas de traballo. “Na liña 1 recóllense actividades culturais, festivas, deportivas e turísticas, como son o caso do Entroido, os Maios, a romaría do Naseiro, as Festas do Nadal e a Rapa das Bestas de Candaoso, datas nas que se van investir 95.000€”, explicou García Porto.
Con respecto á liña 2, as actuacións van destinadas á mellora dos servizos e infraestruturas municipais. “En concreto son adquisición de dispositivos de fichaxe dos traballadores, elementos de sinalización para reforzar a seguridade do tráfico municipal, vehículo municipais, un terreo para consolidar o muro do cemiterio, 19 láminas solares para os ventanais da piscina municipal, adquisición de elementos para a suxeición dos contedores de lixo e diferente maquinaria de xardinería”, puntualizou. Ademais, contémplase a elaboración dun vídeo promocional do Concello de Viveiro.
Nesta mesma Xunta de Goberno, tamén se lle deu o visto e prace a un convenio coa entidade La Unión de Sarria para outorgarlle una subvención de 45.000 euros. O obxectivo, segundo explicou a voceira socialista do Goberno, é “colaborar no financiamento dos gastos derivados da rehabilitación e acondicionamento do interior do edificio social deste colectivo”.