A xornada consta dunha primeira parte expositiva e outra de debate e análise dos casos particulares dos asistentes. Coa celebración da mesma os empresarios e traballadores poderán:
-Recibir información directa sobre as principais problemáticas do sector en materia preventiva, especialmente no referente a novos riscos, ergonómicos e psicosociais, asociados á utilización das novas tecnoloxías.
-Tomar consciencia sobre a importancia de cumprir a normativa de emprender accións que melloren a seguridade e a saúde dos traballadores.
-Ter a oportunidade de interactuar con expertos en prevencións de riscos laborais, para resolver dúbidas e expoñer o seu caso concreto.
-Compartir con outros empresarios/traballadores do sector, asistentes á xornada, as súas experiencias en materia preventiva.
-Adquirir coñecementos que lles axuden a levar hábitos máis saudables.
Nesta cita preténdese sensibilizar en materia preventiva a empresarios e traballadores, reforzando as medidas xa establecidas por lei, achegando información sobre os riscos específicos do sector, sobre os derivados do uso das novas tecnoloxías e fomentando os hábitos saudables.
A xornada será impartida por Carmen Ripamonti Mondelo, que é técnica de Prevención de Riscos Laborais, docente e consultora de calidade no servizo de comercio de proximidade.
A asistencia é gratuíta. Os asistentes, si o desexan, recibirán un certificado de realización do curso.