Tamén sinalou a importancia da candidatura do BNG nestas eleccións, debido á importancia de que Galiza actualmente fica orfa nas Cortes, xa que non existe ningunha forza política na que se faga e defenda unha axenda de país, onde os intereses das galegas e dos galegos estean por diante, dándolle voz e voto.
“Esta orfandade pódese ver nos últimos Orzamentos Xerais do Estado onde Galiza tivo unha discriminación frutificada polo PSOE e o apoio de Podemos, cunha baixada de máis dun 20% do orzamento para Galiza, mentres noutros territorios aumentaban” reiterou a ribeirega.
A nacionalista tamén reflectiu que o BNG pon todo o seu empeño e traballo nestas eleccións para que sexan unha oportunidade, na que pódese deixar dun lado o circo político que as forzas españolas fixeron neste tempo, e o BNG é unha forza con solvencia, capacidade e rigor.
A nacionalista foi acompañada por parte da candidatura como tamén de membros do BNG de Meira, Castro de Rei, Pastoriza e Pol que axudaron a facer un reparto de información.