A Mariña, 21 de outubro de 2019. A campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña sorteou hoxe en Xove mil euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Aciam local.
Os números premiados foron os seguintes: con 500 euros resultou agraciado o 69.087, que foi repartido en Pescadería Barreira; e con 100 euros cada un foron premiados o 66.537 na Cafetería do Cetro Cívico, o 71.008 en Peluquería Fina, o 74.406 en Panadería Maral, o 70.271 en Mesón A Fuga e o 67.335 en Asesoría Noceda. Desde a FCAM subliñan que “os posuidores das papeletas afortunadas dispoñen dun prazo de 30 días para reclamar e consumir os seus premios”.
En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo.
Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña desenvolverase esta semana en Burela do 21 ao 27 de outubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.
A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.