Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar, organizou este sábado, 26 de outubro, unha nova edición do magosto

As actividades programadas para ese día comezaron ás 19.00 horas coa representación da obra teatral “Un divorcio no pobo” a cargo do grupo “Axóuxeres” de Vilaronte, dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo. De seguido, os asistentes puideron degustar castañas acompañadas dun bocata de panceta. Unha grande participación e o bo ambiente foron as notas predominantes dunha xornada que cumpriu amplamente as expectativas da Xunta Directiva.

Exit mobile version