As actividades programadas para ese día comezaron ás 19.00 horas coa representación da obra teatral “Un divorcio no pobo” a cargo do grupo “Axóuxeres” de Vilaronte, dentro do programa Buxiganga da Deputación de Lugo. De seguido, os asistentes puideron degustar castañas acompañadas dun bocata de panceta. Unha grande participación e o bo ambiente foron as notas predominantes dunha xornada que cumpriu amplamente as expectativas da Xunta Directiva.