Site icon Crónica3.com A Mariña

38 colectivos recibirán 44.000 euros en achegas para cursos e eventos de promoción da artesanía

 Lugo, 14 de outubro de 2019. 38 asociacións e entidades sen ánimo de lucro beneficianse das axudas á realización de actividades de promoción da artesanía, que concede o Centrad.

Os colectivos recibirán un importe total de 44.000 euros para financiar cursos e eventos de promoción e difusión da artesanía, en función das solicitudes que realizaron na convocatoria das achegas.

As súas accións desenvolveranse en distintas disciplinas artesanais, desde a cestería, o coiro, a xoiería, o torneado de madeira ou o encaixe ata ao felgrado de lá. As entidades beneficiarias repartense por concellos de toda a provincia: Lugo, Begonte, Chantada, Outeiro de Rei, Viveiro, As Nogais, Vilalba, Ribeira de Piquín, Burela, Riotorto, Samos, Xermade, Becerreá, Sober, Castro de Rei, Pol, Guitiriz, Cospeito, Sarria, Xermade e A Pastoriza.

Criterios sociais
Ademais de considerarse a calidade e o interese do proxecto desde o punto de vista da promoción da artesanía, patrimonial e etnográfico, nos parámetros para a concesión das achegas, en réxime de concorrencia competitiva, figuran criterios sociais.

Así, primáronse actividades que fomenten a igualdade de xénero, a integración de persoas con capacidades diferentes ou os valores interxeneracionais. Tamén se valorou con puntuación adicional as solicitudes de entidades de concellos con menos de 2.001 habitantes.

Exit mobile version