As axudas teñen por obxecto a cobertura dos custos relacionados coa actividade competitiva. Dacordo coas bases, entréganse a pilotos federados empadroados en concellos lucenses que teñan participado como mínimo nunha das catro probas oficiais federadas que se disputan na provincia – Rally San Froilán, Rally da Ulloa, Subida a Chantada e Subida á Pontenova – ou en dúas probas de carácter oficial fóra da provincia.
Trátase de bolsas en réxime de concorrencia competitiva, na que se valoran os méritos deportivos acadados polos pilotos ao longo da temporada.