Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous proxectos do GALP A Mariña-Ortegal resultan finalistas aos “II Premios de Economía Azul”

 Viveiro, 3 de outubro, 2019. Os Premios Economía Azul teñen carácter bianual e foron creados en 2017 pola Conselleria do Mar para recoñecer os proxectos destacados subvencionados ao abeiro das axudas concedidas ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro co obxectivo de promover o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.
Os candidatos foron seleccionados entre os propostos polos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro de Galicia (GALP).
Do GALP A Mariña-Ortegal foron seleccionados como candidatos aos II Premios Economía Azul dous proxectos, nas seguintes categorias:
– Apoio á pesca artesanal: “Do mar á mesa: Depuración e punto de venda” (Cedeira), da Confraría de Pescadores de Cedeira. Mais información sobre o proxecto: https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal/marisco-do-mar-a-mesa-depuracion-e-punto-de-venda

– Innovación Local: “Augas Santas – Cervexa Artesá da Mariña” (Barreiros), de Mariela Gimena Iriarte Moreno. Mais información sobre o proxecto: https://galp.xunta.gal/a-marina-ortegal/augas-santas-cervexa-artesa-da-marina
Os premios, que distinguirán aos proxectos más destacados (os mais votados), outorgaranse nun acto que se celebrará o día 25 de outubro.
Poderase votar polos proxectos dende o día 1 ao 20 de outubro, no seguinte enlace: https://galp.xunta.gal/votacion-ii-premios-economia-azul, e cada persoa pode escoller un proxecto por cada unha das 5 categorías.
Dende o GALP A Mariña-Ortegal animamos a toda a poboación a votar polos nosos proxectos para que resulten gañadores!!!

Exit mobile version