Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoán Curiel en Burela

 Burela, 27 de setembro, 2019. A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Delegación de Cultura presentan a Xoán Curiel con “Pobre Poesía” , un espectáculo xestado ao longo de anos poñendo música a mulleres poetas galegas( e puntualmente a poetas italianas, do Brasil e de Portugal).
O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de Burela o vindeiro sábado, 19 de outubro ás 18:00 horas. A entrada será libre e para público familiar.

Xoán Curiel presenta un novo espectáculo xestado ao longo de anos poñendo música a mulleres como Rosalía de Castro, Antía Otero, Rosalía Fernández Rial, Alda Merini e outras clásicas e tamén contemporáneas. Xoán tamén aporta algunha das cancións do seu primeiro disco “Nai”, adicado á figura da muller e á prevención da violencia de xénero en cancións como “Os Mares de Marte” que formou parte dun proxecto audiovisual para a prevención da violencia de xénero. Neste espectáculo Xoán fai fincapé da necesidade da presencia e visibilización das nosas creadoras utilizando fundamentalmente a poesía e a metáfora por elas creadas que tanta inspiración teñen no artista.

Este concerto atópase dentro do programa “Ler conta moito” de actividades de dinamización da lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e / ou a loita contra a violencia de xénero nas bibliotecas de titularidade municipal, integradas na Rede de Bibliotecas de Galicia.

60 minutos de pura música para loitar contra a violencia de xénero !!

Exit mobile version