Viveiro, 24 de setembro de 2019. Jesús Fernández Fernández, 1º Tenente de Alcalde do Concello de Viveiro, asistirá ao III Foro da Red Europea de Celebraciones de la Semana Santa y Pascua, que terá lugar en Orihuela (Alicante) os días 25 e 26 de setembro de 2019, acompañado nesta ocasión polo Presidente da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga Golpe.
A programación inclúe diversas visitas e a celebración dunha asemblea na que, entre outros, se van a tratar os seguintes puntos da orde do día:
– Presentación das propostas para a elección da imaxe de marca.
– Informe sobre o Foro VIII Cultural Routes Training Academy, en Visby, Gotland (Suecia) e requisitos para o expediente de solicitude para a candidatura como itinerario cultural do consello de Europa.
– Información sobre a constitución do comité científico, funcións, coordinación e funcionamento.
-Presentación das propostas para o plan de traballo e accións do comité científico.
– Aprobación de cotas e orzamento 2019.
O Concello de Viveiro adheriuse á Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua mediante acordo plenario de data 7 de novembro de 2018, despois de ter sido invitado a asistir ao I Foro Europeo Internacional sobre Celebración de Semana Santa e Pasión, celebrado en Lucena (Córdoba) en setembro de 2018.
A acta fundacional e firma de estatutos realizouse en Braga (Portugal) o 19 de marzo de 2019, onde se elixiu a directiva da mesma, nomeando tesoureiro ao representante deste concello.
A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua é a organización encargada de xestionar o proxecto para a creación do Itinerario Cultural do Consello de Europa “Caminos de Semana Santa e Pascua” e a pertenza de Viveiro á mesma supón un paso máis para a proxección e promoción da nosa Semana Santa.