Viveiro, 24 de setembro de 2019. Un ano máis, o Concello de Viveiro continúa prestando o servizo de bonobús en colaboración coa empresa ARRIVA, co que se pretende ofrecer un servizo de transporte máis eficiente e de menor custo para os veciños e veciñas deste municipio que se desprazan a outras cidades para cursar unha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro.
Os requisitos para poder facer uso deste servizo son:
Estar empadroado/a en Viveiro.
Estar matriculado/a nunha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro.
Estudantes empadroados en Viveiro que estuden noutras cidades de Galicia, como Vigo poden viaxar ata Santiago, Coruña …
O procedemento para tramitar os bonos é o seguinte:
O solicitante deberá facer un ingreso na conta de ABANCA titularidae de ARRIVA SL co importe do bono bus que desexe.
IBAN: ES06 2080 0200 4430 4011 2919
No ingreso deberá constar como concepto: nome e DNI do solicitante, nº de viaxes solicitados e cidade de destino.
Documentación a entregar no Concello: xustificante de ingreso, foto do solicitante, e fotocopia da matrícula dos estudos a cursar.
As solicitudes de bonos ou recargas de viaxes deberán ser os luns de cada semana xa que o venres será o día que se entreguen as tarxetas recargadas, de non solicitalas o luns entregaríanse recargadas o venres da semana seguinte.
VIVEIRO-LUGO
95,55 € BONO 30 VIAXES
147,00 € BONO 60 VIAXES
VIVEIRO-A CORUÑA
145,28 € BONO 30 VIAXES
223,50 € BONO 60 VIAXES
VIVEIRO-SANTIAGO
192,10 € BONO 30 VIAXES
295,50 € BONO 60 VIAXES
VIVEIRO-FERROL
85,80 € BONO 30 VIAXES
132,00 € BONO 60 VIAXES
VIVEIRO-ORTIGUEIRA
32,68 € BONO 30 VIAXES
50,25 € BONO 60 VIAXES
VIVEIRO-MONDOÑEDO
64,35 € BONO 30 VIAXES
99 € BONO 60 VIAXES
O Concello de Viveiro subvenciona a metade da viaxe.
Os bonos de estudantes caducan o 31/07/2020
As tarxetas de transporte que facilita a empresa deben ser entregadas a final de curso, a perda ou extravío suporá o abono correspondente para emitir unha nova.
A tarxeta de transporte é válida para as viaxes con saída ou destino Viveiro.
Os horarios de transporte poden sufrir modificacións, é recomendable confirmalos coa empresa ARRIVA antes de viaxar no tlf. 981330046.
Dende o inicio do curso escolar, 28 estudantes solicitaron estes bonos.
Por outra banda, o Concello de Viveiro pon a disposición dos veciños outro servizo de transporte, gratuíto, para desplazarse a Burela, Xove e San Ciprian. Poden facer uso deste servizo os estudantes empadroados no Concello de Viveiro que cursen bacharelatos ou ciclos formativos que non se impartan en Viveiro. Para solicitar este transporte deben presentar unha foto e unha fotocopia da matrícula.
Dende o inicio do curso escolar, 38 estudantes presentaron a documentación para facer uso deste servizo de transporte.
Para máis información sobre estes trámites poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, chamar por teléfono ao 982560128 ou realizar calquera consulta ao respecto a través do enderezo electrónico xuventudeviveiro@gmail.com.